A luz da noite

Con máis de 2.500 quilómetros de costa e, gran parte dela moi perigosa, Galiza conta con moitos faros de grande interese visual.


A Luz da noite é un proxecto colaborativo que comezamos para DESDE CÁMARA, David Álvarez, Patty Inostroza, Rode Dornelles máis eu. Nesta páxina de proxecto preséntoche as miñas aportacións e imaxes que igual quedan fora da presentación final do equipo.


Faro de Corrubedo

O Faro de Corrubedo está situado en Ribeira (A Coruña), déixote un mapa logo das imaxes.

Este faro comezou escintelear coa sua luz na noite no 1854 nunha zona moi perigosa. Desde entón sofreu un par de cambios importantes por mor dos abundantes accidentes ao ser confundido co faro de Sálvora; o primeiro no 1921 e o segundo no 1934, data na que se lle implementa unha particular cor vermella que sería o distintivo co seu compañeiro de costa e así poder cumprir con eficacia a súa importante misión.

Podes coñecer algo máis sobre este faro convídote a ler unha publicación que deixamos en DESDE CÁMARA, premendo directamente aquí.