Categorías
Foto de rúa e Urbana

Fotografía de rúa, retratos dunha cidade

Encántame fotografar a rúa pois pon a proba a túa creatividade. Se che apetece comezar a practicar esta disciplina, estás no mellor punto de partida.

Encántame fotografar na rúa e a poder ser, perto da casa, pois pon a proba a túa creatividade. Sendo creativo podes sacar milleiros de fotos distintas e non precisas ter coñecementos de técnica demasiado avanzados, con catro cousiñas básicas podes lograr un bo traballo e comezar a practicar a fotografía de rúa.

“Se podemos cheirar a rúa, é foto de rúa.”

Bruce Gilden


Teño publicado unha versión
en español
desta publicación en
DESDE CÁMARA

De que falamos cando dicimos fotografía de rúa

O primeiro que nos plantexamos en calquera disciplina é: que formato de arquivo vou a usar, RAW ou JPG? Pero no caso da fotografía de rúa non debería existir esa dúbida. Sempre rexistraremos o noso traballo en formato RAW para poder ter logo o control total do revelado. Non é prioritario publicar as nosas imaxes ao momento.

Pero teñamos en conta que nesta disciplina non todo vale. Por exemplo, a pesar de que Santiago de Compostela é unha cidade que recibe moito turismo anual, aínda non probei sequera a retratar a ninguén que está nun momento íntimo, tomándose algo coas súas amizades nunha terraza ou nunha actitude cariñosa coa súa parella.

Cando fotografamos na rúa e retratamos a descoñecidos que non nos deron o seu consentimento, estamos a cometer en todo caso un delito. Lembra que é delito o mero feito de fotografar a alguén.

Se o tentas nun medio hostil, nun escenario pouco amábel ou incluso ofensivo, estaste poñendo ti mesmo nunha grave situación de risco.

A fotografía de rúa e urbana é para min aquela que nos amosa a relación do ser humano co seu entorno. Non quero dicir con isto que sempre teña que haber unha persoa na escena. Calquera elemento construído polo ser humano é unha pegada do seu paso por ese lugar.

Como debemos actuar

Para poder acadar bos resultados ao facer fotografía de rúa, debemos anticparmos a e construír a imaxe previamente. Debemos metermos na pel dun cazador sen estar para nada nese rol, pero si adoptar ese espírito e actitude paciente.

Trátase dun intre moi pequeno, unha décima de segundo, pero o resultado debe sorprendermos, gustarmos e conmovermos. A fotografía de rúa debe conectar co espectador tal e coma unha foto de viaxes nos afectaría a nós cando nos fai lembrar o momento.

Para acadar boas imaxes, debemos estudar a contorna. Familiarizarmos moi ben con ela. Temos que pasar desapercibidos, facermos invisíbeis aínda que nos atopemos a poucos centímetros da escena. Un bo truco é colocarmos contra unha parede, unha farola, nun banco. Debemos comportarmos dun xeito natural, convencidos de que o que estamos a facer non supón un risco para ninguén. Non facemos nada malo e, de feito, podemos chegar incluso a estar creando un ben necesario. Que sería de moitas tradicións se non foran fotografadas por xenialidades coma Cristina García Rodero (a quen admiro e teño coma referente de nivel inalcanzábel) para documentalas?

Algo que nos axudará moito é ir sos, sen compañía. Pois ademais de estorbar e facermos máis visíbeis, seguramente rematen por aburrirse.

Supoño que moitas imaxes de xigantes coma Cristina García Rodero, Steve McCurry, Henry Cartier-Bresson ou o mesmo Bruce Gilden serán consentidas, porque non imaxino a ningún deles pedindo permiso sempre antes de facer a foto.

Na rúa debemos actuar coma se o mundo fose alleo a nós e, por experiencia propia direiche que moitas boas fotografías quédanse no camiño por pura vergoña. Cando nos entra a timidez á hora de expoñer, o resultado será fallido ou simplemente non será. A fotografía de rúa paréceme ademais unha boa terapia contra a timidez e a baixa autoestima.

Debemos tratar de gardar sempre a calma, amosar unha apariencia normal e sempre cun sorriso na faciana porque, a pesar de que nestes tempos parece que non se nos ve por estar xeralmente tapada por unha máscara, a expresión dos ollos pode delatarnos.

O sorriso adoita relaxar á xente mentres que a prepotencia xenerará conflitos. Debemos sentir empatía e ter paciencia. Aínda que o sorriso funcionará na meirande parte dos casos, ante un suxeito disconforme, unicamente queda eliminar a imaxe. Borrar a fotografía de alguén que se decatou do acto fotográfico e non quere que a teñas é o máis sensato e útil que poderás facer. Non o dubides, faino inmediatamente.

O equipo

A cámara

Os que comezan na fotografía, sexa a disciplina que sexa, adoitan preguntar sempre o mesmo: que equipo usas? Unha pregunta que non me gusta nada pois carece de relevancia e moito menos no canto da fotografía de rúa.

Pafa facer fotografía de rúa, o equipo ideal non existe, sérveche calquera equipo, incluso un teléfono móbil. Moitas das imaxes que remataron por gustarme máis as fixen co meu teléfono.

A mellor cámara é sempre aquela que levas enriba. Coa que che gusta saír a todas partes. Esa será tamén a cámara máis útil para facer fotografía de rúa.

Nin que dicir ten que se o teu equipo é moi voluminoso chamarás moito máis a atención e as persoas coas que te cruces sentirán certo roxelo e desconfianza ao verte. Resultarache máis difícil acadar unha imaxe natural pois estarante a controlar e non poderás fotografar cómodo. É preferíbel un equipo compacto ou incluso o propio teléfono en lugar de grandes armatrostes, por moi boa calidade de imaxe puidera ter.

A focal

Case nunca se lle presta atención á lonxitude focal porque na fotorafía de rúa, tomar fotos con teleobxectivos pode facer ao espectador saírse da escena.

A pesar de que grandes fotógrafos de rúa usaron focais amplas dun xeito maxistral, o recomendábel para introducir ao observador na escea é o uso dun 35mm ou incluso un 28mm.

Por suposto, este tipo de focais máis angulares obriga a achegarse máis e non é tan confortábel para un fotógrafo inexperto.

Podería ser preferíbel un angular e achegarse ao suxeito para producir unha sensación de lugar.

O teleobxectivo aplana moito as situacións e a pesar de que nos resulte moito máis doado e cómodo cando comezamos, non é o máis axeitado e réstalle moito ao resultado.

O sensor

Á hora de enfocar si que poderíamso dicir que unha cámara cun sensor de fomrato completo podería ser menos práctica que unha que o teña “recurtado”, do tipo DX, APS-C ou Micro Four Thirds. Incluso unha cámara compacta podería virmos mellor que tamaños moi grandes porque a maior tamaño do sensor máis esixente será en canto a profundidade de campo.

Para obter unha boa calidade de imaxe dentro da distancia hiperfocal, non é bo pechar o diafragma a máis dun f/16.


Dependendo en ocasións da óptica, o ideal sería entre un f/11 e un f/16.

Con grandes formatos será moito máis difícil dominar un escenario espontáneo e onde o realmente importante é o intre decisivo, pro sempre cun enfoque de calidade. Traballando cun sensor de tipo DX ou APS-C e elexindo unha apertura de diafragma desde f/8 a f/11, teremos practicamente asegurado o foco sen necesidade de facer gran cousa.

Composición

Non debemos quedarmos nunca cunha única toma porque ou somos mestres da fotografía ou non faremos a foto buscada á primeira.

Cando xa coidemos que temos a fotografía, aínda faremos un par delas máis totalmente distintas.

Non son poucos os fotógrafos que comeza e usan a técnica de fotografar desde a cadeira. A non ser que a túa cámara teña unha pantalla abatíbel, non será nunca unha boa idea pois desde a cadeira, por intuición, nin se mide nin se encadra.

Cando usaba a miña Nikon D3400, con pantalla fixa, tras moita práctica atopei un xeito de facer fotos desde o embigo obtendo encadres bastante aceptábeis, pero a pesar delo, nunca recomendarei esa práctica pois pérdense moitos momentos.

Un dos obxetivos máis complexos de acadar en fotografía de rúa é o de ordenar o caos. Menos é máis, xeralmente en todas as disciplinas, a de rúa non é distinta neste aspecto. Moitos elementos distraerán a lectura do espectador. Temos que focalizar e amosar aquelo que queremos dun xeito simplista e directo.

Tamén debemos tratar de facer o encadre definitivo durante a exposición e evitar deste xeito ter que volver a encadrar en post-produción.

Os graffitis e os textos que atoparemos nas rúas daran moito xogo. Cando chove, o paraugas, o bafo, as gotas… Xente sincronizada ollando o móbil que, por estar pendentes dos seus dispositivos deixarante expoñer comodamente…

Se fotografías graffitis, lembra que o artista merece o mesmo respecto ca ti. Se te enfadas cando alguén toma a túa foto e a publica sen mencionarte, o mesmo lle acontecerá ao artista urbano coa súa obra.

Cando fotografar a rúa

Debemos ter en conta tamén a hora e o día no que tentamos fotografar. A luz muda segundo a hora e atendendo a súa dureza podemos tentar unhas cousas ou outras. A min gústame moito aproveitar o sol do mediodía (a pesar de que na Galiza non gozamos de moito) para crear sombras curiosas sobre as empedradas rúas compostelás.

Tamén debemos ter en conta se a xente pode estar máis ou menos alterada. O mestre Bruce Gilden adoita fotografar a horas punta porque aínda que a xente se moleste, non terá gañas de perder o tempo discutíndolle. Tamén cómpre dicir que é unha personaxe tan coñecida que moitos transeúntes están afeitos a el. Porén, debes ter en conta que os nervos dos peóns pódente xogar unha mala pasada. O humor da xente vai mudando sengundo a hora do día.

A onde vaias, a actitude é o máis importante.

Ser positivos abriranos portas, mentres que a negatividade sempre nolas fechará.

Ás veces, o suxeito fotografado está realmente máis asustado que nós mesmos, non deixes nunca a empatía na casa.

Cando facemos fotografía de rúa nalgúns países menos favorecidos, os suxeitos poden estar incluso máis asustados que o propio fotógrafo.

Quitémonos da cabeza que non lle caemos ben á xente. Gustaremos tanto coma calquera turista simpático nos pode gustar a nós, mentres que o faltón ou borde nos molestará. Isto resulta exactamente igual en todas as culturas.

As lexislacións

Coma che dicía, o mero feito de facer unha fotografía a un descoñecido na rúa sen o seu consetimento expreso, en España é un delito.

As lexislacións non evolucionan demasiado. Se imos cun móbil no metro, non teremos problemas, pero se en cambio nos descubren cunha cámara máis grande o garda de seguridade botarache unha boa bronca.

Na rúa, a excepción das persoas, podes facer fotos de todo tipo. Porén, non se poderán facer no interior dos edificios. Isto quere dicir que podes ir relaxado pola rúa coa túa cámara pero cando entres nun edificio non deixes fóra a túa simpatía, pois estaste a adentrar nun territorio hostil e farache boa falla. Cando falamos de edificios e de interiores, incluimos as galerías e balcóns.

A fotografía de rúa busca en realidade atopar as pequenas pero memorábeis grandes accións dea vida cotiá.

Convén coñecer ben a lexislación pero para non alargar moito esta publicación decidín esplallarme nela en Lexislación na fotografía de rúa que che convido a repasar comigo. Cun bo dominio da mesma, chegado o caso poderás defenderte xudicialmente con estratexias coma a de alegar que un suxeito é accesorio nunha imaxe pois ao non ser protagonista, na publicación non existirá un daño moral.

Descoñecer as leis non te exime da responsabilidade polo seu incumprimento. Durante o confinamento non poucos foron os que se adicaron a fotografar espazos privados sen ser conscientes de que se poden enfrentar a demandas importantes dalgúns veciños.


Non paga a pena xogarse o tipo por unha fotografía e, as penas e multas contra os delitos que vulneran a privacidade das persoas pódenche ser moi elevados.

As denuncias son pouquiñas pero existen. Recentemente deuse un caso que case me atrevería a dicir que é o primeiro en España pero que suporá un antes e un despois no mundo da fotografía de rúa. Tratábase dun mal tipo que se adicou a fotografar menores nun colexio ata que foi denunciado. Nolo relata o Diario de Valladolid e apesar de que merecer o merece, crea un precedente para o resto que nos adicamos a facer fotografía de rúa con ética e seriedade.

Con todo, cando saias coa túa cámara a facer fotografía de rúa, ten presente que outros antes ca ti xa se encargaron de darche mala fama coas súas reprobábeis accións.

En calquera caso, a miña recomendación é sempre a mesma. Se te marcas uns límites éticos, non deberías ter problemas, pero se te denuncian terás sempre as de perder.

Anta a mínima queixa, elimina a publicación pois non paga a pena levarse maiores desgustos. igual que se te pillan fotografando. Borra a imaxe no m mesmo intre e evítate problemas maiores.

Grazas pola túa atención, agardo che poida servir de algo e te inspire esta miña opinión.

Saudos e abrazos, Anxo.

4 respostas en “Fotografía de rúa, retratos dunha cidade”

No hacemos mucha fotografía callejera pero viendo las tuyas, entran ganas. Lo pintas sencillo… aunque no lo es… se ve bien que tu sabes a lo que tienes que disparar.
Tienes que seguir haciendo entradas de estas que nosotros vamos tomando nota ?

Gracias por vuestro comentario.

La fotografía de calle es entender el concepto. Por eso quería que la primera entrada de mi blog personal fuese así. Porque hay mucha gente fotografiando en la calle pero no tantos haciendo fotografía de calle y, eso a veces, produce situaciones tensas con las personas que luego se traducen en problemas para los que tratamos a la gente con respeto.

Tengo en mente varios desarrollos en este sentido. Ya veréis como terminaréis haciendo y disfrutando fotografía de calle muy pronto.

Abrazos y ¡feliz fin de semana, que ya es “juernes”!

Como siempre muy buenos consejos 🙂 Lo cierto es que hay mucha publicación sobre todo en Flickr de fotos callejeras, el tema legal siempre hay que tenerlo en cuenta porque la mayor parte de los protagonistas son gente anónima y creo que muchos que cuelgan las fotos en las redes ni siquiera piensan en el tema legal, pero hay que tenerlo en cuenta. El tema de Raw está claro que si quieres tener el control en la foto, has de hacerlo siempre en Raw, el problema es la cantidad de espacio que ocupan y luego es un trabajazo procesar todas las fotos, eso sí lo bueno es que la calidad es notoria. Muy buenos tips. Pasa muy buen finde y un abrazo¡¡

Muchas gracias por el comentario.

En cuanto a lo de la legalidad, estoy preparando una publicación extensa sobre el tema legal que procuraré tener próximamente.

El fotografiar en RAW se hace imprescindible para que los fotógrafos de calle podamos potenciar el mensaje y, ¡ojo!, no se trata de poner ni quitar. Con el revelado y el manejo inteligente de los niveles básicos podemos dirigir la mirada del espectador, potenciar texturas, luces, sombras, etc. Solamente con el RAW se consigue y en la fotografía de calle es muy importante porque no debemos olvidar que el sujeto principal ha de ser la calle y no las personas.

¡Feliz fin de semana!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Anxo Dafonte.
  • Finalidad Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Cloudways.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.