Raiolas de Vida

O Astro Rei, o noso querido Sol é a base da Vida. Sen el non sería posíbel este fenómeno e posibelmente sexa ese mesmo astro o que finalmente impida a nosa existencia no planeta Terra… se antes non o facemos nós mesmos.

Raiolas de Vida é un proxecto persoal que vai sobre iso, a vida mesma. A pesar de que o sol directo sempre remata provocándome xaquecas e procuro estar exposto por moito tempo, sempre sentín atracción polas cores que debuxa na nosa atmosfera.

Parece obvio que ese xogo de luces e lume acentúase na saída e posta do xigante, pero nunca me deixou de sorprender a súa iluminación a todas as horas do día.

Segundo se van sucedendo as estacións do ano, tamén o ángulo desde o que incide sobre a nosa posición varía e lonxe de aborrecer, amósate o mundo dun xeito distinto cada vez que aparece.

Trátase do foco de luz máis potente que existe para nós e nin a lei inversa ao cadrado impedirá que chegue a calquera rincón do planeta, axudándonos a compoñer imaxes incríbeis, de ensoño.

O Sol é Luz, é Luz de Vida, os seus raios forman Raiolas de Vida.